2 de jan. de 2009

O experimento

Están a facer un experimento sociolóxico.
Se cadra é cousa do instituto nacional de estatística. Pero eu penso que todo isto ven organizado por un ente maior. Un ente superior, poñamos por caso un deus que dende arriba nos ve a todos nun plasma que te cagas.
O esperimento chámase "operación aguante" e tratase de ver ata onde aguanta a sociedade nun entorno patético.
As premisas son:
-a modo de quencemento: ver na tele algun resumo de cousas que pasaron durante o ano no mundo.
-experimento propiamente dito: ir á perruquería para que che poñan peor que de costume, encherse de comida para que non che sirva o vestido que mercaches por 200 euros, saír de tirantes en inverno, poñer uns tacóns de la hostia para que che doan os pés, quitar as cadeiras dos bares para que non te poidas sentar e che doan máis os pes, obrigarche a bailar, porque non hai sillas, e porque ademais tes que lucir o modelo de 200e, obrigarche a bailar... un cd continuadamente e en todos os sitios que pon por fóra: peores músicas de mi vida -incluye que viva españa!-, beber -durante todas as fases: para esquecer: a guerra, a pobreza, as masacres, o peiteado, o vestido apretando a cadeira, a dor de pés, a música que escoitas.
Todos os anos, cando o ano vai vello e decrépito, cando se sumaron os suficientes altercados como para facer un resumo na televisión, chega "o experimento", e faise reconto de cantos volven asistir a tal patético evento sabendo por anticipado o que sucederá. É importante coñecer ano a ano a calidade da xente, e se hai que modificar un xen ou algo, porque non se pode sostér unha sociedade sen aguante.
Tranquilos, vai todo ben.
A xente aguanta moito. Quedou demostrado.

Nenhum comentário: