25 de out. de 2009

revolucións

miña nai mercou unha lavadora nova que vai a 1000 revolucións por segundo. estreneina. amaneceu á mesma hora -no por más revolución amanece más temprano. por isto, resulta insoportable que en canto á tele lle da por dicir que se vai facer de día unha hora antes, vaia o sol e se levante por adiantado.

todo isto para deixar claro cun exemplo estúpido como a televisión é creadora de realidade máis que narradora -a posteriori.

máis teño que dicir: o sol sae sempre cando lle peta porque ademáis: non ve a televisión. somos nós os que inventamos o reló, os que cambiamos o reló, os que adoramos pensar que o que sale na tele é verdade ata o punto de cambiar o reló e conclusionar que o sol saíu máis cedo.

23 de out. de 2009

matemáticamente

os nosos adolescentes comezan a fumar porros aos 14.5 anos, dí a estatística. isto implica que por cada vez que alguén fuma o seu primeiro porro despois dos 30, hay un anxiño no ceo fumando por primeira vez, moito antes saber que cando chegue á terra, estará prohibido.

estes mesmo número, por unha propiedade matemática recentemente estudiada por estudiosos moi estudiosos, pódese usar para outras estatísticas igualmente proveitosas.

por exemplo: os nosos adolescentes comezan traballar aos 14.5 anos, dí a estatística. isto implica que por cada vez que alguén comeza a traballar despois dos 30, hay un anxiño no ceo limpando os mexados de deus, moito antes saber que cando chegue á terra, terá que limpar os dos seus iguais.

a estatística continúa afirmando que o 2,7% dos adolescentes que proban os porros, corre o risco de engancharse. por outra propiedade matemática recentemente estudiada por eses mesmos estudiosos e inversamente proporcional á anterior, o 2,7% dos que comezan a traballar, corren o risco de non se enganchar.

a matemática, como se demostra, é unha ciencia inapelable.

9 de out. de 2009

pas ce zebra

un de cada tres mortos nas estradas de barcelona van a pe (dino os pas de zebra). dino non pra que non morras (ao cabo, morrer é un negocio, da postos de traballo) senón porque camiñando máis despacio podes disfrutar dos escaparates e se cadra, mercar (ao cabo, morrer has morrer antes ou despois así que mellor canto máis merques antes de facelo). a cousa é: como carallo ían os outros 2? borrachos? seguramente, máis iso tanto ten, porque beber é un negocio, un tan grande que lle da cartos a todos os bares de barcelona e á metade dos pakis que traballan para unha mafia de cervexa de lata recén sacada de non se sabe moi ben que refrixerador. ademáis dálle cartos á policía que de cando en cando fai o paseíño polo botellón e como non pode beber porque está de servicio decide foder (ai!) a uns cantos pedindo carnés d'identidat (pero non aos pakis -que seguramente nin o teñen- entre outras cousas porque os pakis e os polis son coma a auga e o aceite, non se dan xuntado nunca na mesma praza) senón á xente que bebe unha latiña de cervexa así, na rúa, mirando a lúa -porque estrelas non che hai, corazón, nas cidades smogizadas-, cousa que é tan perigosa que fai falla atracar a grillera e poñerse serios -que ben o fan, que ben o fan...

para o meu gusto, e porque estou en barcelona para disfrutar das súas expresións artísticas, sería moito máis interesante se en cada pas de zebra algún artista espremera os seus miolos pra deixar a súa pequena pegada nun lugar onde un público que non sabe que o é se para continuamente cada vez que está prohibido camiñar sen saber de certo onde hai que mirar.

mentres tanto, eu bailo.