29 de abr. de 2009

Beleza

"Un libro é unha cousa entre as cousas, un volume perdido entre os vulumes que poblan o indiferente universo , ata que da co seu lector, co home destinado aos seus símbolos. Ocorre entón a emoción singular chamada beleza, ese misterio fermoso que non desifran nin a psicoloxía nin a retórica; A rosa é sen porqué, di Angelus Silesius; séculos despois, Whistler declara A arte sucede. Oxalá sexas o lector que estas páxinas agardan".
Díxoo Borges, e pódese aplicar a todo: a unha ensalada con tomate. As cousas agardan. As cousas queren ser disfrutadas. Cando menos entendidas. Iso non ten que ver cos desexos dos seus creadores. Por exemplo unha lavadora quere ser comprendida, tamén se a fixeron tan atravesada que un prefire espremer coas própias mans. Hai unha páxina en internet que podedes visitar se tendes problemas de comprensión: sumanual.com. Segundo pos algo, aparécenche as instruccións. Eu puxen o título do libro do que saquei a cita de Borges, mais inda non deberon de subir as instrucións. Para ler este libro, o máis importante é saber o que é a hermenéutica, unha palabra que ten unha media presencial alta. A hermenéutica é precisamente a arte de interpretar textos e especialmente a de interpretar os textos sagrados (segundo a real academia española, que é un cemiterio de palabras monárquico, como deus manda). Pero inda sabendo o que é a hermenéutica eu necesitaría, digamos, un estudo hermenéutico sobre o libro que me explicara cada párrafo. Comeza así: "Sen dúbida, a defensa explícita do símbolo e a súa plétora semántica fronte ao sígno e o seu significado literal, hermenéuticamente morto, do que o primeiro se mostra unha categoría subsidiaria, permite desbrozar a unidade persistente dunha tradición occidental respecto do pensamento sígnico, cuxa transdisciplinariedade recomenda a pertinencia do estudo -aínda somero- do dinamismo dos fenómenos de significación". E a pregunta é: "Sen dúbida?" Apampo. Claramente non son a lectora que as páxinas agardaban. Penso na cantidade de veces que me dixeron que o que eu escribo non se entende, e imaxino caras apampando e os meus textos, tristes.
Borges, que razón tes. Que fermosa esa beleza.

11 de abr. de 2009

terceira illa do ano

hai unha chea de prohibicións. por exemplo un non pode prender lume, e non se poden coller cunchas nas praias porque se lles quita de comer ás herbas das dunas -un fica sen entender por que comen cunchas fermosas, as herbas das dunas, mais como saber? tamén hai un camiño que está prohibido: no mapa hai un asterisco ben grande que logo pon escrito: camiño prohibido, ou algo así -sen embargo ao chegar alí non está roto nin nada. tamén a auga está prohibida de beber, porque non ten as conseguintes licencias sanitarias ou o que seña. mercar unha casa está probibido -de feito, mercar case calquera cousa é imposible. mais aló: ter unha casa, está prohibido.

por suposto, hai unha chea de liberdades, entre elas a de ser feliz e unha que me gusta moito que é a liberdade de vivir baixo o dominio da natureza, o ritmo solar, o atardecer cada atardecer, a lúa medrando entre o carro e casiopea e todos os demais, a liberdade de ir á praia cando fai sol e de ficar na tenda dos veciños mentres chove. a liberdade de mudar o teu fogar porque o puxeches coa santa iconsciencia enriba dun laguiño que se fai coa treboada (ups!).

pd: penso que o camiño está prohibido porque os corvos mariños están coidando aos seus bebés corviños, e hai que deixalos en paz. iso está ben. tamén pode ser que o teñan prohibido para que os toristas non vexan tanta merda, porque aquela costa está chea de chapapote por todas partes, un liquen marino abundante nas costas galegas dende o ano 2002, xusto un ano dispois de que lles concederan aos isleños a concesión das "súas" terras por 99 anos (ata o ano 2100 poden estar tanquilos!). pola noite ceamos con veliñas pero non salta a alarma antiincendios nin nada. a auga está boísima (?). de mercar esquéceste logo, total para qué, total para qué. por suposto ninguén che pasa o detector anti-cunchas para entrar no barco.

pd2: outro día prometo falar da ayahuasca que é unha droga que coñecín dun rapaz que nos cantou a primeira noite cancións brasileiras do ritual da ayahuasca mentres eu facía un símil entre coñecerse a si mesmo a través de sustancias psicoactivas e coñecerse a si mesmo a través do teatro. unha droga que nin está prohibida, nin deixa de estalo (a ayahuasca, digo).

welcome to the o.n.s.
price: 12euro (ida e volta)
zona de acampada: gratuíta (7 días en semana santa. en verán só 5 días, que somos moitos e a herba é pouca)