26 de jan. de 2009

Good Luck Mr. Grasimsky!

A Pablo F -el Bacilo-, por contarme esta historia e tantas outras.

O fillo dos veciños xoga coa pelota. A pelota cae na horta. O marido dí: honey, por que esta noite non facemos sexo oral. A muller colle a pelota, mira para ela, branca, coma un satélite, lánzaa pola verxa arriba e dille: fareiche unha mamada cando o fillo dos veciños poña un pé na lúa.
Corre o ano 69 (!). O meniño, crecidiño, declara á televisión: é un pequeno paso para o home pero un gran paso para a humanidade; good luck mr. grasimsky! (!).
Por fin puiden entender algo que sempre me chocou: por qué este interese tolo pola astronomía, algo que ten un custo elevado e uns resultados reducidos: Neil quería liberar á humanidade do xugo fríxido que a asolaba: quería que lla chuparan (hai outras explicacións máis ortodoxas, pero a ortodoxia nunca foi o meu forte).
Hoxe estou a traballar nun congreso. Un congreso é un lugar onde se practica o sexo oral... en grupo. É unha orxía. Non sei se por sorte ou por desgraza o rol que me tocou é sinxelamente o de estar -por si acaso. Digamos que se se rompe o condón, son a que vai a pola píldora do día despois. Un congreso é tamén un sitio cuns custos elevados e uns resultados reducidos. Sen embargo, seguen a facerse máis e máis.
Á humanidade gústalle o sexo oral.
Gracias Neil.

Um comentário:

Anônimo disse...

Amstrong sempre estivo orgulloso do seu primeiro paso na lúa!
Que deus lle bendiga!!
RIP Mr.Grasimsky