30 de ago. de 2011

mérida

déronlle cun pinceliño a unhas pedras que atoparon e saíulles un teatro... e un anfiteatro! as investigacions postulan unha cheia de cousas, por exemplo que se deixaron de usar cando se instaurou o cristianismo e que os antigos devecían por unha cheia de deuses. Unha delas, deusa da vinganza, mesmo tiña o seu oquiño alí entre as pedras: Némesis.

(2000 anos dispois)

déronlle cun pinceliño a unhs feraganchos que atoparon e saíulles unha gasolineira... e un aeroporto! as investigacions postulan unha cheia de cousas, por exemplo que se deixaron de usar cando se instaurou o teletransporte e que os antigos devecían por unha cheia de deuses. Un deles, deus do voo por antonomasia, tiña mesmo o seu oquiño alí entre os ferraganchos: Ryanair.