23 de nov. de 2011

intrusos (4º acto). se finí.

a rogelio lópez cuenca, que mo contou

Bla. Bla. Bla. Bla. Bla. Bla, bla, bla... Non son eu a que fala. É á liguaxe que me deixa dicir certas cousas. Bla. Bla. Bla, eternidá. A arte busca a eternidade (ou é o home que a busca?). A arte (o home?) busca eliminar todo atisbo de actualidade (actualidá, bla, bla); quedase colgado dunha certa atemporalidade(actual!) requerida polos cánones da arte para elevalo á eternidade, para dicirnos sempre (!!?!!) que eso é O definitivo, porque o eterno, por máis eterno que seña, é deFINitivo. Bla, bla, bla. eternidá. BlaBla, actualidá, BlaBlaBla. atemporalidá. bla
blaa blaaaa blaaaaaaaaa. A arte é un bufón ó que se lle deixa falar, bla, bla, bla. A arte, a sua misión ideolóxica, bla. Xa non tanto. Os media (bla!, bla!, bla!) sustitúen tan honrada misión: sustitúen ao monumento; porque a tele, o periódico e internet son máis rápidos e chegan mellor -ninguén veu nunca un monumento aparecendo no salón cando se apreta o botón, tón, tón. E a toda velociá (blabla) borrar todo accidente do pasado (os fallos do sistema non son fallos, é o sistema, que funciona así, bli, bli). Facer un novo pasado atemporal (ACTUAL). Facer do pasado-morto una carcasa poética para o noso novo mundo inventado sempre hoxe (ai!), que eso si que é arte...

by sther 2003

22 de nov. de 2011

intrusos (3º acto)

a rogelio lópez cuenca, que mo contou

Os tetra briks tirados nas esquinas son os restos antropolóxicos dos que viven alí. O xornal de onte non vale nada. Hai ontes que valen e outros que non valen. Os recordos que valen colócaos alguén encima da peana como pantalla daqueles que non poden valer, que HAI QUE esconder. As prazas xa non son prazas, son monumentos ao parking que hai debaixo - son os seus teitos. A metonímica do turista é xa a metonímica do cidadán. A cidade é unha, casta e pura; representada nos seus tantos e variados monumentos que re-construen unha vista icónica coherente, a través de referencias inequívocas que xogan á simplificación dunha cidade nun mapa de única lectura: a cidade son as rúas que chegan aos Lugares: igrexas, museos, monumentos, restaurantes recomendados e bares de copas. Leven de recordo un bonito su-venir (su-marchar) unificado, plastificado - ao vacío. Non olviden pasar por caixa, gracias.

21 de nov. de 2011

intrusos (2º acto)

a rogelio lópez cuenca, que mo contou

A arte é inútil e a arte que é útil é un arte menor pero si a arte é inútil non pode haber un arte útil e si hai un arte útil a arte non é inutil. Borrar todo canto fomos: construírnos partindo de cero, dese cero absoluto que significa a moeda, minimalismo dos cartos, limar os erros do pasado . os do presetne . os do futuro? . A arte (inútil) imponse nas beirarúas como expresión de poder. O espacio público é o espacio onde o público observa a arte (inútil?) da publicidade institucional - comercial. A arte é un chiste privado. É algo máis valioso que a vida cotiá, que a vida de todos os que teñen unha vida cotiá (os que mexan, os que cagan). O artista fai o que quere; o que lle da a gana. Todo vale. Pero só vale cando vale di-ñei-ro. As obras de arte viven nunha bolsa particular, hoxe as cousas valen e mañá, quen sabe. A arte busca unha xustificación social, non unha significación social. A arte é inútil.

20 de nov. de 2011

intrusos (1º acto)

a rogelio lópez cuenca, que mo contou

Nos bancos séntanse os yonkis, as putas, os xubilados. Na rúa están os que non teñen onde ir: nin traballo nin casa nin ocio. Ou se non sáese con cita previa, para a celebración, para a manifestación. O des-potismo-ilus-trado revolcase na nova REconquista dos espacios urbáns. Fora bancos, fora putas, fora yonkis e xubilados. Imos a poñervos un bonito monolito, e rúa peatonal, que xa os comerciantes... (nas terrazas non hay yonkis, non hay putas, non hay xubilados). Vinde á miña cidade. É divertida. É un paque temático de atraccións varias. Un museo antropolóxico a escala Real onde todo está medido, onde todo é cohartada, onde non hai putas, nin yonkis, nin xubilados... Ou polo menos non se ven ás horas patrocinadas nos puntos de encontro obrigatorios. A miña cidade é un circo de emocións diferentes, con un pouco de medo e que se che poña esa cousa no estómago, que se che poña a adrenalina a bailar no barrio negro ou no azul. Pero todos tranquilos porque coa ficha ven de regalo un makmenú, que todo era de coña.