9 de abr. de 2013

loito


morreu sarita montiel. morreu a thatcher. tamén morreu sampedro, i eu penso naquel amante lesbiano que tiven unha vez (dicíalles ás miña colegas: por un día, só por un día, inda que sexa só por un día, teríades que probalo, a el, as súas mans, a sua pel, a EL).

piazzola non morreu hoxe: morreu fai vinte anos, mais eu confundo todo, i é coma se morrese hoxe, fai media hora.

os que si que morreron son dous anónimos compostelanos. mais eles non morreron de vellos, que morreron porque se mataron. é raro que saia nos xornais porque non se pode propagandar sobre a morte a un mesmo. mais hoxe non lles importou, propagandar: porque a noticia, o noticiable, non é ese suicidio en parella, senón o mal que vai o país. se se mataran por amor (coma romeo e xulieta) xa sería outro cantar, e non nos enterariamos de nada.

bembidos ao noso mundo, o mundo no que a xente xa non se mata por amor.
nin sequera nun abril de chuvias mil.

Um comentário:

Anônimo disse...

Preciosas verbas. A morte, ben querida stherika,é máis inabarcabel ca poesía. Ti o eres, morte e poesía. Máis o segundo que o primerio, pero igual de inabarcabel.

ArmandoBarullo