16 de mar. de 2013

kaleidoskopica-mente

no pasado, as cousas caducaban ao día seguinte. no face, caducan moito antes: todo apodrece en segundos: hai que botar sempre leña ao lume, hai que estar sempre ahí. que rapidez. que presa. que obsesión. de shakespeare non sabemos nada e de lope sabemos tanto que non sabemos nada e iso é a metáfora teatral do día. quero que quede claro que últimamente nin sequera podo dicir que me quiten lo follao: que xa se acaba todo antes do primeiro polvo, que fico en interruptus sen sequera o coito.inda non nadei este ano: o mar está fermoso, e onte miraba para el e dábame gana, mais dábame medo. o medo é un elemento conservante coma os E-200, e os conservantes son conservadores. a veces estou triste e a veces, alegre. tamén hai xente que non me quere ou que non me entende para nada. xente que fala mal detrás de min, e hai que apandar. en realidade eu tamén falo mal do que me sae do cu, así que. das contradiccións da vida hoxe non teño nada que engadir, sinxelamente: to be: son, están: ás veces faría falta este verbo que unira tamén en galego esta dicotomía latina, para que nos déramos conta que, se callar, son o mesmo. coma o corpo, e a mente: unha palabra que os unira. mais se houbera palabras para todo, deixaríamos de crear, de ser. crear e ser tamén son o mesmo. e a vida non é mais que un kaleidoskopio.

Um comentário:

Hadriana Ordóñez Otero disse...

Non acostumo vir por aquí, porque permítome nadar e mergullarme nas redes sociais, igual máis do que debería. Pero gústame de vez en cando deixarme 'enghatuxar' polos blogues; neste caso polo teu. Gústame ler as túas reflexións aínda que por momentos as frases perdan o sentido dada a velocidade dos pensamentos volcados na escrita; pois ese é o teu estilo.

Unha aperta.