1 minuto non chega
a nada
Non da tempo a
pasar o límite do pensamento habitual
Fico calada
1 minuto e outro e
outro
Tamén porque non
teño nada que dicir
10 minutos de
silencio
E a voz non sae
Quizais aínda preciso
un pouco máis
Outros 10 minutos
de silencio
Si
10 minutos máis nos
que ver un vídeo
Que hai no youtube
Que explica todo en
10 minutos
Despois dos
segundos 10 minutos
Aínda quedo un
pouco máis de tempo en silencio
E logo pregunto a
quen está ao meu lado
Se entendeu
O que eu non
entendín
En 10 minutos
E temo non poder
entender
Nunca xamais
O mundo escorrega
entre as engurras do meu pensamento
A masa gris non da
Non é cuestión de
tempo
É cuestión de
pensamento
De pensamento
racional
Do racional que son
Como entender?
Calo
Non teño nada que
dicir
Non me saen nin os
berros
De tanto non
comprender
Veña
Un esforzo sther
Outros 10 minutos
de silencio
Porque hai outro
vídeo
Que explica en 10
minutos
Os erros
fundamentais
Do primeiro vídeo
de 10 minutos
Sumo minutos de
silencio
Minutos e minutos e
minutos e minutos
De silencio
Porén
Non entendín nada
de nada
E
Non sei nin como
preguntar
Nin que preguntar
Non sei como podo
ser tan parva
Para non entender
O que todos parecen
ter tan claro
Non sei se é
cuestión de información
Dubido
Non sei se son ignorante
nada máis
Alivio
Éme fermoso pensar
Por un segundo
Que me falta Wikipedia
Nada mais
10 minutos máis de Wikipedia
E quizais
Poida
Comprendelo
Todo
Todo
Todo
Asumo
10 minutos de
silencio despois
Que me faltan
outros 10
(Polo menos)
E pouco a pouco perdo
a conta dos silencios
E aínda non teño
nada que dicir
Nenhum comentário:
Postar um comentário