28 de dez. de 2010

4.48 psicose

Ise texto pretendidamente desconexo é unha mentira: o texto veu creado dende o intelecto e eu resístome a querer ver nel a voz dunha muller fóra de si, porque está escrito dende a consciencia dunha creadora de letras, boa, moi boa, moi moi boa, consciente e dentro da forma -moi dentro da forma. Namentres, o meu corpo foise afacendo ás súas frases, ou elas foron entrando nel, vai ti saber. Cando se apagou a luz de sala daquela particular escena con 3 públicos, o texto fluía -o intelecto amordazado polo escuro. Cando as luces se acenderon, alguén preguntou que tipo de problema tiña eu con aquel texto co que o meu corpo non tiña problema algún. Os problemas eran do meu intelecto, non do meu corpo. O meu intelecto que ten que asumir que en kane -como en calquera escritor de teatro, por outra banda-, a creatividade da autora está separada -e detrás- da mente(inexistente) do personaxe. O autor crea o personaxe -de xeito consciente, claro. Atranqueime en ver poesía en primeira persoa; sen embargo Sarah atopou esa maneira de escribir para o teatro o discurso do seu personaxe. Ela que sabía tanto máis de teatro do que eu se cadra non vou saber xamais.


Moralexa: o traballo do corpo axuda á flexibilidade mental (yoshi oida).

Nenhum comentário: