7 de jan de 2013

flotando na dúbida total


xa non merco o xornal. ademáis non vexo a tele. e a realidade, o real, o que existe no mundo, aparéceseme ou no facebook, ou por casualidade. cando vexo unha nova que me atrae colgada no muro do face, o primeiro é preguntarme se o que leo é de verdade ou non, se os datos serán de certeiros ou inventados por alguén, se se trata dun xornal deses quen din parvadas ou se é outro deses xornais que en reliadade non din máis que parvadas.
a diferencia entre ambos tipos de xornalismo, é de xénero. uns tentan facernos rir (comedia, farsa, etc) e os outros adícanse a facernos chorar (drama, traxedia, etc). son dúas estratexias de venda, supoño. hai que ter en conta que o obxectivo dun xornal, de calquera xornal -como empresa-, é vender.
o que pasa é que eu cando leo algo sobre o mundo teño o obxectivo de observar a realidade: non quero nin rir nin chorar, quero enterarme das cousas.
porén, abro o face. pico aquí e alá. acabo rindo ou chorando, aburrida ou entretida pero iso si, sen saber nada de nada, flotando na dúbida total.

Um comentário:

Ana Nonosvamos disse...

Mi más sincera admiración! Como crecen tus palabras cuando las narras!