21 de dez. de 2011

niveis

eu era pequena.

os reis magos entraban por unha fiestra que lles deixaba aberta. comían turrón e dábanlle ao champán na miña mesa e os camelos bebían o leite que lles deixaba, polo cansanzo.

resultou horrible que os meus proprios pais me mentisen durante toda a miña vida sobre algo tan importante para min. mais non cambiou nada de nada. o ano seguinte eu merquei regalos pros meus pais e promovín a mentira entre os pequechos.

así é.
acostúmanos dende pequenos a crer cousas que nos gusta crer. e cando descubrimos que era todo unha mentira, pasamos de nivel.

Um comentário:

Anônimo disse...

Algúns non pasamos de nivel, pensamos que todo isto non sería posible se non existisen uns magos (quen sabe se bos ...) que nos dirixen a facer cousas estranas