8 de jan. de 2010

morreu

en realidade xa morrera: entregárase de máis e ficara medio-baleiro. a lenda dicía que estaba morto ou desaparecido (nunca se sabe moi ben que dicir da metadona). iso sucedeu despois do arrebato. o arrebato deullo o ano que eu nacín, e a min, que tanto me teñen os números, sempre me gustou aquela sorte de coincidencia, coma se puidera significar algo que me beneficiara. a primeira vez que o vin aparecer pechei os ollos para que fóra de mentira, porque era millor seguir a crer o que a lenda me dixera aos 18 que ter que caír no mundo de verdade aos 25: él entregárase de todo como artista e polo tanto tiña todo o dereito a desaparecer, cando menos como artista. fixo un dos filmes máis fermosos (e non o millor porque habería que velos todos...) e se eu discutín en algún momento con alguén que o cine como linguaxe quizáis non poida chegar a transmitir o que eu considero arte: retráctome.

morreu de verdade e a min inda me gusta crer que eso me vai significar algo que me beneficia.

Nenhum comentário: