19 de mar de 2009

Resaca

Alex ten o pelo vermello i os ollos azuis. Alex é tan alegre que non é posible estar triste, a tres metros dela. O teatro ben, gracias. Todos contentos, as nais chorando, as nais mandando mensaxes de todo fantástico - todo fantástico. Eu sinto que falta moito todavía, que non é suficiente para nada. Eu que sei. É imposible ser coherente. É impossible comer ben. É imposible non facer mal, a ninguén. Resaca. Quero facer teatro, só podo pensar que quero facer teatro e máis teatro, que quero aprender, moito, que quero poñer o meu corpo a punto, que non sei por qué o meu cu non chega ao chan cos pes na terra. Quero chegar. O dragon festival é esta fin de semana ieu recordo istorias, istorias fermosas que podería contar aquí, pero non hoxe. Fago un buho de macramé, en bonabal. Fermoso, ben bonito, 10 euros non?, ten os ollos de tigre... Bonabal está cheo de extranxeiros. Parece que pediran nivel medio de inglés para pasar, pero non piden nada de nada: é gratis, ser feliz, alí. Non traballo, pero non me aburro para nada. Non me acordo do que é aburrirse, iso está ben. Tampouco me acordo moito do que é o Amor. Iso está mal, claro. Quero facer unha pasta con verduras, pero está todo pechado, quero facer cousas pero está todo pechado, quero que estea todo aberto pero está todo pechado: é que hoxe non se traballa. Máis para min é un día coma todos, pero con todo pechado. Está ben, é diferente. Chega Alex, cuns amigos, o seu amigo ponse a cociñar pasta: xenial! A vida pode ser tan marabillosa... xa limpo eu dispois!

Nenhum comentário: