Dixo que noutra vida fora un monxe tibetano ou algo polo estilo porque cando colleu un deses morteros para facer sons impresionantes, xa o sabía tocar; eu dixen que para min que esta era a miña primeira vida porque todo me parece novo, miro todo coma unha cativa e son curiosa cunha curiosidade infantil sobre case todas as cousas -por isto, me parece, me atraeu algún día o de ser xornalista, porque pensaba que che pagaban por ser curiosa (sen embargo).
Mais acabo de descubir que noutra vida eu fun estatua. Isto encaixa perfectamente coa miña condición infantilista, posto que unha estatua non sabe case nada da vida -so pode saber o que lle está de fronte, e de feito sentirá curiosidade por saber que pasa máis aló do seu ollar (ademais leva unha chea de anos ser estatua, e cando por fin me fixen anacos, os gardians dehí erriba dixeron: vale, vale, non pasou todavía polos pasos intermedios, pero pobriña: é que leva miles de anos na vida!). Agora miro todo coma unha cativa, porque é a miña primeira experiencia vital, na vida. E cando vía a esa xente queda na rúa, a facer a estatua, sempre os miraba e sentía cousas, e turraba de min un algo dentro que me dicía: isto telo que -volver- facer, tí, algún día.
Por todo isto, onte, cando me puxen na Praza de Cervantes tesa coma un pau, sentín vivir algo que xa vivira, algo que sabía facer sen saber por qué: porque eu fun estatua, noutra vida.
18 de jun. de 2009
18 de mai. de 2009
Serruchos
Teño bici de casualidades:
a) porque ma regalou meu irmán -a súa, vella-, e
b) porque tropecei de fronte co yonqui me ma acababa de mangar: viña cunha bici e un serrucho -que raro, pensei!. A bici era a miña, pedinlla cordialmente: mira que che digo, esa bici... é miña; recupereina cordialmente: perdoa, tía, perdoa... -ningún problema de posesivos, todo claro.
(Dedicáronme este linke do youtube -sen desperdicio-: http://www.youtube.com/watch?v=9kJAqM7KL2s; gracias Sergio!)
O venres partín a cara, pola noite. Bebera, chovía.
Estas dúas historias empatan de casualidades:
a) porque todo o mundo pensa que caín da bici -ves? xa o dicía eu!-; explico que non, pero non me cren, e aínda os que me cren, continúan a pensar que en todo caso non debera andar na bici -porque son vella, son grande, non sei andar en bici e non tería que facer o parvo sen casco nin nada-, e
b) porque agora na miña boca teño un serrucho -e, coma o yonki do outro día, ando en bici cun serrucho.
Para ser coherentes, e visto o hostión que me metín, tería que terlle collido medo a camiñar, e comezar a ir a todas partes en bici, ata para mexar -porque eu nunca me caín, da bicicleta, polo que estatísticametne é o medio máis seguro que coñezo.
Sen embarto, hoxe, cando collín a bici, pensei: ai deus, se me fixen esta desfeita camiñando: imaxina se tivera caído da bici!
Mais collina, fíxenme a dura, baixei feliz a Avenida de Castelao, coma unha meniña, co vento de fronte e unha choiva miudiña, feliz, pensando: non che teño medo, mundo, non che teño medo -bueno un pouquiño, só un pouquiño, só un poquuirrichiño...-, feliz... -só un poquiño...-, feliz...

29 de abr. de 2009
Beleza
"Un libro é unha cousa entre as cousas, un volume perdido entre os vulumes que poblan o indiferente universo , ata que da co seu lector, co home destinado aos seus símbolos. Ocorre entón a emoción singular chamada beleza, ese misterio fermoso que non desifran nin a psicoloxía nin a retórica; A rosa é sen porqué, di Angelus Silesius; séculos despois, Whistler declara A arte sucede. Oxalá sexas o lector que estas páxinas agardan".
Borges, que razón tes. Que fermosa esa beleza.
11 de abr. de 2009
terceira illa do ano
hai unha chea de prohibicións. por exemplo un non pode prender lume, e non se poden coller cunchas nas praias porque se lles quita de comer ás herbas das dunas -un fica sen entender por que comen cunchas fermosas, as herbas das dunas, mais como saber? tamén hai un camiño que está prohibido: no mapa hai un asterisco ben grande que logo pon escrito: camiño prohibido, ou algo así -sen embargo ao chegar alí non está roto nin nada. tamén a auga está prohibida de beber, porque non ten as conseguintes licencias sanitarias ou o que seña. mercar unha casa está probibido -de feito, mercar case calquera cousa é imposible. mais aló: ter unha casa, está prohibido.
por suposto, hai unha chea de liberdades, entre elas a de ser feliz e unha que me gusta moito que é a liberdade de vivir baixo o dominio da natureza, o ritmo solar, o atardecer cada atardecer, a lúa medrando entre o carro e casiopea e todos os demais, a liberdade de ir á praia cando fai sol e de ficar na tenda dos veciños mentres chove. a liberdade de mudar o teu fogar porque o puxeches coa santa iconsciencia enriba dun laguiño que se fai coa treboada (ups!).
pd: penso que o camiño está prohibido porque os corvos mariños están coidando aos seus bebés corviños, e hai que deixalos en paz. iso está ben. tamén pode ser que o teñan prohibido para que os toristas non vexan tanta merda, porque aquela costa está chea de chapapote por todas partes, un liquen marino abundante nas costas galegas dende o ano 2002, xusto un ano dispois de que lles concederan aos isleños a concesión das "súas" terras por 99 anos (ata o ano 2100 poden estar tanquilos!). pola noite ceamos con veliñas pero non salta a alarma antiincendios nin nada. a auga está boísima (?). de mercar esquéceste logo, total para qué, total para qué. por suposto ninguén che pasa o detector anti-cunchas para entrar no barco.
pd2: outro día prometo falar da ayahuasca que é unha droga que coñecín dun rapaz que nos cantou a primeira noite cancións brasileiras do ritual da ayahuasca mentres eu facía un símil entre coñecerse a si mesmo a través de sustancias psicoactivas e coñecerse a si mesmo a través do teatro. unha droga que nin está prohibida, nin deixa de estalo (a ayahuasca, digo).
welcome to the o.n.s.
price: 12euro (ida e volta)
zona de acampada: gratuíta (7 días en semana santa. en verán só 5 días, que somos moitos e a herba é pouca)

25 de mar. de 2009
Conflito
O teatro é conflito. O conflito leva adiante o teatro. O conflito resultou ser de mentira: efectivamente era de mentira, porque había cousas que me parecían bonitas e que non tiñan nada que ver coa verdade e que nonostante quixen manter na miña histora só porque eran bonitas (nin sequera fermosas). O teatro é verdade, antes que conflito, así que un conflito de mentira é menos teatro que unha verdade sen conflito, supoño. Hai que buscar un novo conflito. Para ter un conflito hai que ter un obxectivo. O obxectivo ten que ser de verdade porque se non o conflito será de mentira e todo será de mentira e logo non hai teatro. Non sei se o obxectivo pode nacer do conflito ou o conflito ten que nacer do obxectivo. É a miña pregunta de hoxe. Só sei que ten que haber verdade. En todo caso, o teatro é sempre de verdade, aínda as mentiras son de verdade e por iso se notan máis, son mentiras máis mentireiras. Por isto mesmo, cando é de verdade, o teatro, a verdade é tamén máis verdadeira.
19 de mar. de 2009
Resaca
Alex ten o pelo vermello i os ollos azuis. Alex é tan alegre que non é posible estar triste, a tres metros dela. O teatro ben, gracias. Todos contentos, as nais chorando, as nais mandando mensaxes de todo fantástico - todo fantástico. Eu sinto que falta moito todavía, que non é suficiente para nada. Eu que sei. É imposible ser coherente. É impossible comer ben. É imposible non facer mal, a ninguén. Resaca. Quero facer teatro, só podo pensar que quero facer teatro e máis teatro, que quero aprender, moito, que quero poñer o meu corpo a punto, que non sei por qué o meu cu non chega ao chan cos pes na terra. Quero chegar. O dragon festival é esta fin de semana ieu recordo istorias, istorias fermosas que podería contar aquí, pero non hoxe. Fago un buho de macramé, en bonabal. Fermoso, ben bonito, 10 euros non?, ten os ollos de tigre... Bonabal está cheo de extranxeiros. Parece que pediran nivel medio de inglés para pasar, pero non piden nada de nada: é gratis, ser feliz, alí. Non traballo, pero non me aburro para nada. Non me acordo do que é aburrirse, iso está ben. Tampouco me acordo moito do que é o Amor. Iso está mal, claro. Quero facer unha pasta con verduras, pero está todo pechado, quero facer cousas pero está todo pechado, quero que estea todo aberto pero está todo pechado: é que hoxe non se traballa. Máis para min é un día coma todos, pero con todo pechado. Está ben, é diferente. Chega Alex, cuns amigos, o seu amigo ponse a cociñar pasta: xenial! A vida pode ser tan marabillosa... xa limpo eu dispois!
1 de mar. de 2009
vermello
leidij an llenteman, saúdan polo altofalante. dende o barco vese o teide, está ahí arriba, confundido coma unha nube máis, e se sempre hai alguén que ve de primeiro o teide dende a nave, quero ser eu; só que o teide xa se ve no porto, antes de subir, pero fágome a ilusión: entra o calafrío, de abaixo enriba: tamén eu podería vivir toda a miña vida a bordo, arrodeada de 1500 persoas de cada vez, chegan ben. o teide é moi grande, está lonxe, está preto pero está difícil de chegar; é caro, tes que pagar peaxe: ou pagas coa visa oro (tracatrá) ou pagas coa túa enerxía interna, pero hai que pagar. o carnaval é un carnaval, a raíña vai disfrazada de barbie disfrazada de raíña do carnaval, todos bailan e sorrín, todos están borrachos tamén, as comparsas chámanse murgas e non poñen a parir nin ao alcalde de rianxo nin a feijoo nin a touriño nin a quintana así que fico sen saber que pasa no mundo (no meu mundo). vai frío, chove: é unha mágoa; todos repiten e volven repetir: é a primeira vez que vai este mal tempo; mágoa, sí, porque eu non che volvo máis, mi niña. a tenda de campaña fica na maleta, o monte onde iamos vivir transfórmase nunha vila nin sequera fermosa e trocamos as botas de montaña pola visa oro (tracatrá). cada vez que sae o sol parámonos como estatuas para aproveitalo. logo un día durmimos na praia, levantámonos co sol, vuelta y vuelta gracias!, camiñamos polas rocas, que fermoso!, un alegre lugareño indícanos como chegar a unha praia de area vermella, fermosísima, espidísima natureza que hai que apoiar sempre e por suposto; ao chegar, o coche aberto, as cousas revoltas: nin sequera nos mangou os condóns que nos tiraran na cabalgata: o mellor para que non che rouben: non ter nada que roubar! logo máis sol e tamén unha caliña de rolling stones que cando as move o mar fan un ruído que é un arrecendo inda que non exista unha palabra para un son así. madrugón: aeroporto de volta; vaia sther, confudiches a data do retorno do cochecito leré: visa oro por favor! (tracatrá); avión aeroporto avión: non hai nada peor para unha viaxe que un retorno, porque retornar é volver atrás e un debería ir sempre adiante, así que ben, digo, tes que aprender algo desta viaxe; decido aprender a escoitar ao meu instinto, cando fala, cando me di: este tío vaite foder, porque se non... de que me serve?, pra que o quero?; unha e outra vez repítome a min mesma: escoitar ao instinto, escoitalo ben alto, facerlle caso, non deixarse foder de novo por xente que encende a alarma antiincendios antes de votar fume mentres eu, aparvada pola auga coma unha cativa, xogo, porque me gusta xogar, porque me gusta disfrutar, e porque non me gusta pensar que a vida é un lugar onde a xente me quere foder e eu teño que estar alerta en vez de gozar do mar, o sol, os cantos rodados e a area vermella (como a miña pel).
Assinar:
Postagens (Atom)