Teño bici de casualidades:
a) porque ma regalou meu irmán -a súa, vella-, e
b) porque tropecei de fronte co yonqui me ma acababa de mangar: viña cunha bici e un serrucho -que raro, pensei!. A bici era a miña, pedinlla cordialmente: mira que che digo, esa bici... é miña; recupereina cordialmente: perdoa, tía, perdoa... -ningún problema de posesivos, todo claro.
(Dedicáronme este linke do youtube -sen desperdicio-: http://www.youtube.com/watch?v=9kJAqM7KL2s; gracias Sergio!)
O venres partín a cara, pola noite. Bebera, chovía.
Estas dúas historias empatan de casualidades:
a) porque todo o mundo pensa que caín da bici -ves? xa o dicía eu!-; explico que non, pero non me cren, e aínda os que me cren, continúan a pensar que en todo caso non debera andar na bici -porque son vella, son grande, non sei andar en bici e non tería que facer o parvo sen casco nin nada-, e
b) porque agora na miña boca teño un serrucho -e, coma o yonki do outro día, ando en bici cun serrucho.
Para ser coherentes, e visto o hostión que me metín, tería que terlle collido medo a camiñar, e comezar a ir a todas partes en bici, ata para mexar -porque eu nunca me caín, da bicicleta, polo que estatísticametne é o medio máis seguro que coñezo.
Sen embarto, hoxe, cando collín a bici, pensei: ai deus, se me fixen esta desfeita camiñando: imaxina se tivera caído da bici!
Mais collina, fíxenme a dura, baixei feliz a Avenida de Castelao, coma unha meniña, co vento de fronte e unha choiva miudiña, feliz, pensando: non che teño medo, mundo, non che teño medo -bueno un pouquiño, só un pouquiño, só un poquuirrichiño...-, feliz... -só un poquiño...-, feliz...
Nenhum comentário:
Postar um comentário