hai unha chea de prohibicións. por exemplo un non pode prender lume, e non se poden coller cunchas nas praias porque se lles quita de comer ás herbas das dunas -un fica sen entender por que comen cunchas fermosas, as herbas das dunas, mais como saber? tamén hai un camiño que está prohibido: no mapa hai un asterisco ben grande que logo pon escrito: camiño prohibido, ou algo así -sen embargo ao chegar alí non está roto nin nada. tamén a auga está prohibida de beber, porque non ten as conseguintes licencias sanitarias ou o que seña. mercar unha casa está probibido -de feito, mercar case calquera cousa é imposible. mais aló: ter unha casa, está prohibido.
por suposto, hai unha chea de liberdades, entre elas a de ser feliz e unha que me gusta moito que é a liberdade de vivir baixo o dominio da natureza, o ritmo solar, o atardecer cada atardecer, a lúa medrando entre o carro e casiopea e todos os demais, a liberdade de ir á praia cando fai sol e de ficar na tenda dos veciños mentres chove. a liberdade de mudar o teu fogar porque o puxeches coa santa iconsciencia enriba dun laguiño que se fai coa treboada (ups!).
pd: penso que o camiño está prohibido porque os corvos mariños están coidando aos seus bebés corviños, e hai que deixalos en paz. iso está ben. tamén pode ser que o teñan prohibido para que os toristas non vexan tanta merda, porque aquela costa está chea de chapapote por todas partes, un liquen marino abundante nas costas galegas dende o ano 2002, xusto un ano dispois de que lles concederan aos isleños a concesión das "súas" terras por 99 anos (ata o ano 2100 poden estar tanquilos!). pola noite ceamos con veliñas pero non salta a alarma antiincendios nin nada. a auga está boísima (?). de mercar esquéceste logo, total para qué, total para qué. por suposto ninguén che pasa o detector anti-cunchas para entrar no barco.
pd2: outro día prometo falar da ayahuasca que é unha droga que coñecín dun rapaz que nos cantou a primeira noite cancións brasileiras do ritual da ayahuasca mentres eu facía un símil entre coñecerse a si mesmo a través de sustancias psicoactivas e coñecerse a si mesmo a través do teatro. unha droga que nin está prohibida, nin deixa de estalo (a ayahuasca, digo).
welcome to the o.n.s.
price: 12euro (ida e volta)
zona de acampada: gratuíta (7 días en semana santa. en verán só 5 días, que somos moitos e a herba é pouca)
Um comentário:
Viva a Illa de Ons!!!! cos seus camiños, os seus toxos e as suas pedras, as suas covas e a sua praia nudista =)
Xisela
Postar um comentário