trump á mañá
e á hora do vermú
e pola tarde
á hora da merenda
e á cea
trump
ate na sopa
do bar da esquina
comendo un menú
do día a día
e de sobemesa
trump con nata
filloas de trump
con sirope de chiculate
flan de trump
trump con marmelo
tarta de tres
trumps
non hai maneira
de que se acabe a ración
de trump
e se non che
gusta:
dúas cuncas
de trump
dúas cuncas
e recuncas inda
que non queiras
porque trump…
trump queda no
forno
como as lentellas
cando eras cativa
ficaban no forno
sempre para
despois
trump está sempre
aí
tamén cando dormes
e ti érgueste
fresca coma unha
leituga
coma se fose un
día novo
coma se un día
novo fose
mais pronto
descobres
que segue aí
trump
a carón do
almorzo
co seu tupé
a rentes das
torradas
que se colocan en
pe
coma muros
trump non durme
por iso non é
coma ti
el está sempre aí
trump aparece en
calquera lugar
onde menos esperas
toparte con el
aparece
ten o poder da
aparición
como a virxe
ten o poder da
ubicuidade
tamén
trump é divino
omnipresente
omnipotente
omninconsciente
trump