1 de dez. de 2008
De maior quero ser... Aurora Intuxausti
Aurora ten un traballo que é o soño de caquera, sobre todo de calquera coma min que, pese a renunciar ao xornalismo, algun día entrei na facultade soñando con escribir en El País. Ela escribe na contraportada. Ademáis de querer escribir en El País, algún día quixen tamén escribir contraportadas, porque de pequena lía a Carlos Casares no camiño do kiosco á casa, e o xornalismo era iso para min, esa columna que remataba esperando o ascensor. Cada día Aurora conta como foi de comidiña ou de almorciño con alguén máis ou menos importante e falaron de cousas (nada moi profundo, por favor, que é a contraportada). Por se fora pouco nun recadro ponche o que comeron, e normalmente non é o menú do día (Total: 158E, por exemplo, e seguro que paga a empresa). Agora, con case 30 anos, volvo a soñar con escribir contraportadas en El País. Por favor, señores de El País, ofrézome para ese posto e xuro que o fago por menos cartos ca ela, e que son quen de escoller restaurantes máis baratos. O que si, se pode ser, eu prefiro ir de ceniñas, por exemplo: De cenita con... Bardem. Churrasco, 12E, viño da casa, 6E, postre: gratis. Total: 18E (Sí, xa sei que non como carne, pero por deus, imaxinade a Bardem comendo churrasco... adorable!). E aínda, ao día seguinte, vou e cóntollo a toda España. Señores de El País, págovos eu. Contratádeme, por favor.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Um comentário:
O que non dis e que tiñas que leer a Carlos Casares, na contraportada, por que da tua casa o Kiosca habia escasos corenta metros, e non che daba tempo a mais....
Un bico e góstame moito leerte
Postar um comentário