25 de mar. de 2009

Conflito

O teatro é conflito. O conflito leva adiante o teatro. O conflito resultou ser de mentira: efectivamente era de mentira, porque había cousas que me parecían bonitas e que non tiñan nada que ver coa verdade e que nonostante quixen manter na miña histora só porque eran bonitas (nin sequera fermosas). O teatro é verdade, antes que conflito, así que un conflito de mentira é menos teatro que unha verdade sen conflito, supoño. Hai que buscar un novo conflito. Para ter un conflito hai que ter un obxectivo. O obxectivo ten que ser de verdade porque se non o conflito será de mentira e todo será de mentira e logo non hai teatro. Non sei se o obxectivo pode nacer do conflito ou o conflito ten que nacer do obxectivo. É a miña pregunta de hoxe. Só sei que ten que haber verdade. En todo caso, o teatro é sempre de verdade, aínda as mentiras son de verdade e por iso se notan máis, son mentiras máis mentireiras. Por isto mesmo, cando é de verdade, o teatro, a verdade é tamén máis verdadeira.

3 comentários:

Anônimo disse...

Veresmos entón se é verdade que o conflicto se resolve e xa aprendin a facer comentarios. Por certo, penso eu (poucas veces, agora é unaha delas) que na vida o obxectivo nace o comflicto; pero o teatro é unha vida de mentira, así pois no teatro o conflicto nace do obxectivo. Podo estar equivocada, xe me equivoquei más veces

Anônimo disse...

É verdade, o comentario está,pero cheo de erros mecanográficos; perodoade, a próxima vez intentarei andar con máis tino.
De tódalas maneiras hai unha cousa que me choca; aquí aparece o comentario pero no propio blog, debaixo de texto, segue a aparecer o número cero antes de "comentarios". Algo non está ben.

Anônimo disse...

Xa está todo ben. Xa dí "2 comentários" (e pronto dira 3). Xa teño o sistema domesticado.¡Xa sei facer comentarios!