Fin de semana na neve.
A neve é un lugar -lugar abstracto non localizado en ningures- onde un volve, como por arte de maxia, á infancia. Onde hai que volver aprender a camiñar, onde caes nada mais poñerte en pé, e tes que descubrir como poñerte de novo en pé. Esto sucede tantas veces, na vida: que un ten que aprender de novo a caer e a poñerse en pé. O bo é que na neve, caer non doe, ou non doe tanto. Doe coma cando es cativo, un chisquiño, o xusto para protestar, para chorar de mentirijilla.
Chove. Chove coma cando eramos nenos. Vaise a luz, retorno ás candelas e todo iso. Á noite de verdá. Retorno ás molladuras cen por cen galegas, ás molladuras cen por cen e todos os días, aos mocos colgando. Coma cando íamos ao instituto e os pais nos querían levar en coche e nós dicíamos que no, porque ir en coche era de nenos bos, e nos queríamos ser sempre nenos malos; e porque así podíamos protestar, arrabear, mollarnos; e cando por casualidade chovía tanto que estaban alí agardando na porta, e nos metíamos cinco detrás e dous adiante coas mochilas e os plumíferos empapados que non podíamos respirar, era coma un milagre.
Daquela, as cousas eran doutro xeito. Un non tiña que ter nada para vivir. Non tiña que ter sequera soños. Todavía che quedaban tantas cousas por facer que eso era a vida, as cousas que che quedaban por facer. E ti pensabas ainda en facelo todo, porque non pensabas en facer nada de nada, agardando -como agora, pero dun xeito inconsciente- que as cousas se arranxaran grazas ao Tempo, que no seu transcurso fóra dándocho todo sen llo pedir: aprenderas a comer, a camiñar, a falar, a bicar, sen pensalo sequera, así que o resto tiña que vir tamén dese xeito. Caendo e volvéndote levantar, e case sen dor.
Agora parece que todo doe máis, que todo é traxedia, coma se non soubéramos tirar da comedia, porque a comedia, dío todo o mundo, é máis difícil de facer. É un prato exquisito pero haille que andar con tento porque non sae sempre ben. E non hai nada máis patético que unha comedia que no canto de provocar a gargallada provoca a indiferencia. Porque a indiferencia é o que nos come por dentro.
A neve é un lugar onde non colle o aburrimento, ou onde te aburres só por protestar: para xogar. Onde podes pasar as horas caendo e volvéndote levantar, e que máis da. Onde pasas o tempo subindo para volver baixar. E que máis dá.
9 de fev. de 2009
26 de jan. de 2009
Good Luck Mr. Grasimsky!
A Pablo F -el Bacilo-, por contarme esta historia e tantas outras.
O fillo dos veciños xoga coa pelota. A pelota cae na horta. O marido dí: honey, por que esta noite non facemos sexo oral. A muller colle a pelota, mira para ela, branca, coma un satélite, lánzaa pola verxa arriba e dille: fareiche unha mamada cando o fillo dos veciños poña un pé na lúa.Corre o ano 69 (!). O meniño, crecidiño, declara á televisión: é un pequeno paso para o home pero un gran paso para a humanidade; good luck mr. grasimsky! (!).
Por fin puiden entender algo que sempre me chocou: por qué este interese tolo pola astronomía, algo que ten un custo elevado e uns resultados reducidos: Neil quería liberar á humanidade do xugo fríxido que a asolaba: quería que lla chuparan (hai outras explicacións máis ortodoxas, pero a ortodoxia nunca foi o meu forte).
Hoxe estou a traballar nun congreso. Un congreso é un lugar onde se practica o sexo oral... en grupo. É unha orxía. Non sei se por sorte ou por desgraza o rol que me tocou é sinxelamente o de estar -por si acaso. Digamos que se se rompe o condón, son a que vai a pola píldora do día despois. Un congreso é tamén un sitio cuns custos elevados e uns resultados reducidos. Sen embargo, seguen a facerse máis e máis.
Á humanidade gústalle o sexo oral.
Gracias Neil.
18 de jan. de 2009
Sugar Blues
Cando era pequena, a René, para conseguir algunhas cousas importantes (o lego, a bici, a asitencia á festa do instituto) o seu pai retábaa a estar 1 ano sen comer doces -nada de azucre-. Así que sobreviveu tres anos de infancia sen azúcre. O pai era feliz, porque a rapaza non jodía o seu corpo, e ela era feliz porque sabía como conseguir as cousas que quería: era ela a que lle dicía: papá, quero unha bici, porqué non me retas a estar outro aniño sen azucre? Dí que, ademáis, aprendeu honestidade: podía ter comido doces fóra da vista de seu pai, pero... arriscar?... e se se entera, por calquera motivo, e se me joden os 4 meses que levo acumulados?... mellor ser honesto...
Pero, que ten o azúcre de tan malo? Por que serve como moeda de cambio?
Con poñer as palabras "azúcar + refinado" no google é suficiente. O azucre pasa de ser unha droga a un veleno nas dúas entradas principais. Nin sequera a wikipedia -terceira e cuarta entradas- o deixan ben de todo!
Nun dos extensos artículos fálase do sugar blues, que sería a sensación depresiva -o mono- motivada ao deixar o azúcre, e que será o que eu teña que padecer mentres siga a ter na cabeza a imaxe de como se refina o azúcre -sacarosa- e como queda hóspede no noso corpo. (Polo menos, dicir que tes sugar blues é fermoso, como expresión -moito máis fermoso que ter o mono. Sugar blues é algo como tristura doce, pero en inglés -que sempre mola máis-, e ademáis tristura non imprime musicalidade -inda que tristura é unha palabra que me gusta moito, como fermosura, tamén).
Os pitillos de chocolate -con leite, os outros tamén, pero non ven ao caso- están prohibidos. Deberíanos vender, pero en farmacias, porque acumulan 2 drogas perigosas: o azúcre e a cafeína. En todo caso é raro que sigan a venderse por todas partes os ovos kinder. Por exemplo.

9 de jan. de 2009
A tortilla
Pelaba as patacas. No salón, a berros, Obama pasaba de ser o salvador do mundo a ser un produto de merchandising. Para min, no meu silencio de aceite a punto de quentar, Obama é unha cortina de fume como a que sae da tixola: coma a pisada do home na lúa: escóndense quen sabe que cousas detrás dunha nova que mediáticamente fai vibrar a todo o mundo -non é unha expresión, é todo o mundo. No salón continúan a berros nos que Obama pasa de ser o salvador do mundo a ser un produto de merchandising. No meu silencio de patacas de cara ao aceite, decátome que tanto ten, de que total estamos todos equivocados, porque o mundo non se pode entender, non se pode saber -e menos a través dos medios de comunicación.
Antonte descubrin a miña primeira mentira, aquí. Aurora Intuxausti non é quen escribe eses artículos no país. Cada día escribe un; hoxe, por exemplo, Rocío García. Fiquei decepcionada, por ter mentido, e porque o traballo ao que aspiro, deixou de existir. Por se fora pouco, as trenciñas de macramé, na India, non se chaman Lulú; chámanse Lulú e hebreo, pero como a India sufre unha pequena invasión israelita, pois ás cousas de turistas xa lle chaman na lingua dos turistas -isto díxomo Belén, a que estivo na India, e que agora ven de Israel, precisamente, e ten tamén unha opinión sobre Obama e Israel que non recordo (as patacas estábanse queimando) pero que non é boa.
E se eu non son quen de contar cousas de verdá... como o van facer os que xa de por si queren mentir?
A tortilla quedou crúa, como a vida. Desfacíase no tenedor, había que collela con coidado, como a vida. Estaba boa, coma a vida, máis non se sabe nunca se che vai sentar ben ou mal, se vas comer de máis e vas empachar. De vida.

4 de jan. de 2009
Pasaxeiros ao tren
Cando era cativa quería tocar o piano. Ía tocar na banda de música, e meus pais dicían: mais na banda non hai piano, porque teñen que camiñar. A min tanto me ten, dicía eu, a min o que me gusta é o piano. E quedamos en que levaría o piano cunha corda e unhas rodas. Logo tiven uns problemiñas persoais coa lección número 24 do libro de solfexo. Nunca me quixo. Esa lección orgullosa e avariciosa non se deixaba facer. Deixeino; foi unha mágoa. Agora, se soubera tocar o piano, podería tocar a Satie -polo menos as gymnopedies... para tocar os anacos en forma de pera, xa fan falla 4 mans, e eu nunca tiven 4 mans nin sabería como conseguilas.
A Banda Municipal de Rianxo, polo visto, non me votou de menos. Agora tocan coma os anxos. Precisamente un deses anxos, deseña cancións -sei que é un anxo porque semella un meniño e sen embargo escribe cousas grandes; escribe, por exemplo, como entra a xente no tren. Nunha esquina do escenario tiñan ate un piano -cunha corda e unhas rodas(!!). Estábanme poñendo a proba, e non puiden dicir que non. Lanceime, de cabeza. Toquei con eles, e sentíame viva. Aplaudía ao ritmo da canción e o director ía dicindo cando tiñamos que parar e cando tiñamos que comezar. Iamos tocando piano, allegro, forte, fortíssimo, que sei eu. Foi realmente emocionante.
Xa fai tempo que teño unha curiosidade excepcional sobre algo que ninguén me sabe explicar: que se sinte ao facer A MÚSICA. Porque hai cousas que ou se sinten, ou non se sinten, pero non se poden contar. Con letras.

2 de jan. de 2009
O experimento
Están a facer un experimento sociolóxico.
Se cadra é cousa do instituto nacional de estatística. Pero eu penso que todo isto ven organizado por un ente maior. Un ente superior, poñamos por caso un deus que dende arriba nos ve a todos nun plasma que te cagas.
O esperimento chámase "operación aguante" e tratase de ver ata onde aguanta a sociedade nun entorno patético.
As premisas son:
-a modo de quencemento: ver na tele algun resumo de cousas que pasaron durante o ano no mundo.
-experimento propiamente dito: ir á perruquería para que che poñan peor que de costume, encherse de comida para que non che sirva o vestido que mercaches por 200 euros, saír de tirantes en inverno, poñer uns tacóns de la hostia para que che doan os pés, quitar as cadeiras dos bares para que non te poidas sentar e che doan máis os pes, obrigarche a bailar, porque non hai sillas, e porque ademais tes que lucir o modelo de 200e, obrigarche a bailar... un cd continuadamente e en todos os sitios que pon por fóra: peores músicas de mi vida -incluye que viva españa!-, beber -durante todas as fases: para esquecer: a guerra, a pobreza, as masacres, o peiteado, o vestido apretando a cadeira, a dor de pés, a música que escoitas.
Todos os anos, cando o ano vai vello e decrépito, cando se sumaron os suficientes altercados como para facer un resumo na televisión, chega "o experimento", e faise reconto de cantos volven asistir a tal patético evento sabendo por anticipado o que sucederá. É importante coñecer ano a ano a calidade da xente, e se hai que modificar un xen ou algo, porque non se pode sostér unha sociedade sen aguante.
Tranquilos, vai todo ben.
A xente aguanta moito. Quedou demostrado.

26 de dez. de 2008
Azul
A navidá ten moitas cores. Marrón turrón. Vermello papá noel. Verde el corte inglés. Negro fin de ano. Dourado -moito dourado.
Pero este ano, trunfa o azul. Un azul autopista. Primeiro porque abriron a autovía do Barbanza, e todos falamos dela, do rápido que se chega aos sitios, das novas rotondas redondiñas como bolas de navidá. Pero sobre todo porque as cidades rezuman azul brilante, esperpéntico, rechamante. Azul dor. Azul enfermidade.
Témome que é unha nova enfermidade política que manifesta os seus síntomas na cor que vesten as nosas cidades -e tamén as vilas, chegou tamén a elas. Din que trouxeron esa cor para rebaixar o consumo de electricidade, pero eu non mo creo. É unha enfermidade. E as outras luces, as de toda a vida, gordiñas e sás como a estrella galicia antes de facer a dieta, deben estar agora en cemiterios de luces. Morreron todas. Fican caladas, acurrucadas. Asasinadas. Os políticos din que é Azul ecoloxía. Non mo creo.
Feliz navi-dead (léase feliz navidiz).

Assinar:
Postagens (Atom)