1 de ago. de 2010

Menos

Estaba a soñar horroridades e caían mazás que me espertaban á realidade, que dispois tampouco resultou moito millor. Non había nin o sol (isto foi só pra me foder, estou segura, a guinda do pastel, porque despois, cando eu xa estaba ben fodida, despexou tranquilamente, pero quen me quitaba a min delí). Lin o xornal e contaba só as cousas que contan os xornais: e iso que busquei, algo que tampouco fago de costume. No fogar (o fogar era un fogar pequecho, colocado estratéxicamente debaixo do mazanceiro, coma se a tardiña antes xa se puidera establecer que eu pretendía pasar unha noite de merda que me fixera chorar pola mañá) caían as bágoas mentres eu escribía (escribir era xa unha novidade, porque facía demasiado que nono facía -non volver repetir palabras na mesma frase, gracias-); escribía sobre comer terra e sobre -hostias!- o merdenta que é a vida cando un a mira dende a própria cabeza até a própria cabeza -imposible.-, unha vida de 10 centímetros á redonda, unha illa arrodeada de bágoas por todas partes demasiado pequena como para sobrevivir. Collín o fogar e arranquei con destino a algún outro fogar (remataría no meu, seguramente, que non é meu pero é o único que é un chisco meu). Comín catro calamares (chipirós) mentres me enteraba da vida dos demáis que non me interesaba para nada polo que volvín á miña vida de 10cm, que continuaba a ser unha illa invivible arrodeada de etc. Instintivamente, de volta, pasei polo mar. O mar é o mar cando non é unha poza como a de arousa. O mar era en razo e a vida de 10 cm comezou a ser tan grande coma un mundo enteiro, e deixei de entender por qué as bágoas e por qué a miña vida tiña que ser unha merda etc, se había todo un océano por transitar.

Continuaba soa. Esa dor índa doía. Menos.

13 de mai. de 2010

sen título

era o 11 de setembro e comia uns mexilós recheos de torres xemelgas. falabamos todos do que había que falar. a radio berraba do que tiña que berrar -e que viva a república, perdón. chegamos. do que había que falar cambiou. houbo un paréntese que eu titulei os eidos. cando voltamos non queria non quería non quería. do que había que falar (primeiro) volveu, pero doía máis. os eidos estaba todavía moi preto e parecía imposible que aquela carretera me puidera levar ao mundo no que decido vivir.

8 de mar. de 2010

alejop

De aldea en aldea el viento lo lleva siguiendo el sendero, su patria es el mundo, como un vagabundo va el titiritero.Viene de muy lejos, cruzando los viejos caminos de piedra. Es de aquella raza que de plaza en plaza, nos canta su pena. ¡Allez hop!¡ Titiritero, allez hop! de feria en feria. Siempre risueño, canta sus sueños y sus miserias. Vacía su alforja de sueños que forja en su andar tan largo. Nos baja una estrella que borra la huella de un recuerdo amargo. Canta su romanza al son de una danza híbrida y extraña, para que el aldeano le llene la mano con lo poco que haya. Y al caer la noche en el viejo coche guardará los chismes, y tal como vino sigue su camino solitario y triste. Y quizá mañana, por esa ventana que muestra el sendero nos llegue su queja mientras que se aleja el titiritero. joan-manuel-serrat-dixit

8 de jan. de 2010

morreu

en realidade xa morrera: entregárase de máis e ficara medio-baleiro. a lenda dicía que estaba morto ou desaparecido (nunca se sabe moi ben que dicir da metadona). iso sucedeu despois do arrebato. o arrebato deullo o ano que eu nacín, e a min, que tanto me teñen os números, sempre me gustou aquela sorte de coincidencia, coma se puidera significar algo que me beneficiara. a primeira vez que o vin aparecer pechei os ollos para que fóra de mentira, porque era millor seguir a crer o que a lenda me dixera aos 18 que ter que caír no mundo de verdade aos 25: él entregárase de todo como artista e polo tanto tiña todo o dereito a desaparecer, cando menos como artista. fixo un dos filmes máis fermosos (e non o millor porque habería que velos todos...) e se eu discutín en algún momento con alguén que o cine como linguaxe quizáis non poida chegar a transmitir o que eu considero arte: retráctome.

morreu de verdade e a min inda me gusta crer que eso me vai significar algo que me beneficia.

3 de dez. de 2009

fuck you

proben a ver o seguinte vídeo no yutub (recoméndase velo ate o final, para poder sacar conclusións):

http://www.youtube.com/watch?v=yFE6qQ3ySXE

ben. a pregunta é: pode vostede velo?
a)si
b)no

se a resposta e a b) é posible que vostede estea co seu cu na alemaña, e que polo tanto o goberno alemán lle diga "fuck you, fuck you, fuck you very very much" (que che fodan, que che fodan, que che fodan very very moito).

non teño nada en contra de alemaña. que máis me gustaría a min que saber que carallo de páxinas están prohibidas na nosa terra, máis non o sei porque non teño nin puta idea e porque ademáis están prohibidas.

ben. isto merécese un minuto de silencio. amén.

24 de nov. de 2009

oda ao talento

(recordo a miña nai dicido e volvendo repetir:
ni es como ni es cuando ni es donde, ni repetir la palabra.
para ela)

escribira un conto fermoso sobre dun anxo de rastas e mandíbula cadrada
-en realidade o conto ía sonbre min, coma de costume.
podería ser un dos meus mellores contos.
regaleillo polo meu precumpreanos.
respondeu cunha mensaxe, dicía:
segue escribindo, sther: tes talento.
eu sigo escribindo
-tampouco sei non escribir.

teño que escribir esta oda ao talento.
é un imperativo.
escribir por que che da a gana e escribir porque cho mandan non é o mesmo.
teño que decidir se o talento me serve só para cando escribo o que me sae do cu
ou se tamén podo turrar del cando se me obriga:

efectivamente turro del sempre:
non sei como deixalo atrás.

o talento non é unha inspiración
o talento non é unha facilidade
pode que o talento sexa unha necesidade
o talento pode ser unha dedicación
non se pode nacer, co talento
o talento pode ser só unha trampa
o talento non sempre é
o talento hai que mimalo (tamén hai que alimentalo)
o talento é unha felicidade
o talento é un ingrediente (fan falta outros ingredientes, fai falta lume, fai falta unha man a remexer a pota, fai falta alguén que coma o caldo)
o talento non fai falta
de feito o talento pode sobrar, tamén
non sei o que é o talento
o talento é un órgano do corpo
non estudei nunca xamáis onde se atopa, o talento
o talento tamén é unha concentración
o talento é un amor
o talento é un mar
o talento é unha ola
o talento é unha enerxía
o talento é unha dirección
o talento son uns zapatos de tacón
o talento é un xeito de camiñar
o talento son uns ollos ben abertos
o talento é unha esponxa

si. o talento é unha esponxa

25 de out. de 2009

revolucións

miña nai mercou unha lavadora nova que vai a 1000 revolucións por segundo. estreneina. amaneceu á mesma hora -no por más revolución amanece más temprano. por isto, resulta insoportable que en canto á tele lle da por dicir que se vai facer de día unha hora antes, vaia o sol e se levante por adiantado.

todo isto para deixar claro cun exemplo estúpido como a televisión é creadora de realidade máis que narradora -a posteriori.

máis teño que dicir: o sol sae sempre cando lle peta porque ademáis: non ve a televisión. somos nós os que inventamos o reló, os que cambiamos o reló, os que adoramos pensar que o que sale na tele é verdade ata o punto de cambiar o reló e conclusionar que o sol saíu máis cedo.