en realidade xa morrera: entregárase de máis e ficara medio-baleiro. a lenda dicía que estaba morto ou desaparecido (nunca se sabe moi ben que dicir da metadona). iso sucedeu despois do arrebato. o arrebato deullo o ano que eu nacín, e a min, que tanto me teñen os números, sempre me gustou aquela sorte de coincidencia, coma se puidera significar algo que me beneficiara. a primeira vez que o vin aparecer pechei os ollos para que fóra de mentira, porque era millor seguir a crer o que a lenda me dixera aos 18 que ter que caír no mundo de verdade aos 25: él entregárase de todo como artista e polo tanto tiña todo o dereito a desaparecer, cando menos como artista. fixo un dos filmes máis fermosos (e non o millor porque habería que velos todos...) e se eu discutín en algún momento con alguén que o cine como linguaxe quizáis non poida chegar a transmitir o que eu considero arte: retráctome.
morreu de verdade e a min inda me gusta crer que eso me vai significar algo que me beneficia.
8 de jan. de 2010
3 de dez. de 2009
fuck you
proben a ver o seguinte vídeo no yutub (recoméndase velo ate o final, para poder sacar conclusións):
http://www.youtube.com/watch?v=yFE6qQ3ySXE
ben. a pregunta é: pode vostede velo?
a)si
b)no
se a resposta e a b) é posible que vostede estea co seu cu na alemaña, e que polo tanto o goberno alemán lle diga "fuck you, fuck you, fuck you very very much" (que che fodan, que che fodan, que che fodan very very moito).
non teño nada en contra de alemaña. que máis me gustaría a min que saber que carallo de páxinas están prohibidas na nosa terra, máis non o sei porque non teño nin puta idea e porque ademáis están prohibidas.
ben. isto merécese un minuto de silencio. amén.

24 de nov. de 2009
oda ao talento
(recordo a miña nai dicido e volvendo repetir:
ni es como ni es cuando ni es donde, ni repetir la palabra.
para ela)
ni es como ni es cuando ni es donde, ni repetir la palabra.
para ela)
escribira un conto fermoso sobre dun anxo de rastas e mandíbula cadrada
-en realidade o conto ía sonbre min, coma de costume.
podería ser un dos meus mellores contos.
regaleillo polo meu precumpreanos.
respondeu cunha mensaxe, dicía:
segue escribindo, sther: tes talento.
eu sigo escribindo
-tampouco sei non escribir.
teño que escribir esta oda ao talento.
é un imperativo.
escribir por que che da a gana e escribir porque cho mandan non é o mesmo.
teño que decidir se o talento me serve só para cando escribo o que me sae do cu
ou se tamén podo turrar del cando se me obriga:
efectivamente turro del sempre:
non sei como deixalo atrás.
o talento non é unha inspiración
o talento non é unha facilidade
pode que o talento sexa unha necesidade
o talento pode ser unha dedicación
non se pode nacer, co talento
o talento pode ser só unha trampa
o talento non sempre é
o talento hai que mimalo (tamén hai que alimentalo)
o talento é unha felicidade
o talento é un ingrediente (fan falta outros ingredientes, fai falta lume, fai falta unha man a remexer a pota, fai falta alguén que coma o caldo)
o talento non fai falta
de feito o talento pode sobrar, tamén
non sei o que é o talento
o talento é un órgano do corpo
non estudei nunca xamáis onde se atopa, o talento
o talento tamén é unha concentración
o talento é un amor
o talento é un mar
o talento é unha ola
o talento é unha enerxía
o talento é unha dirección
o talento son uns zapatos de tacón
o talento é un xeito de camiñar
o talento son uns ollos ben abertos
o talento é unha esponxa
si. o talento é unha esponxa
25 de out. de 2009
revolucións
miña nai mercou unha lavadora nova que vai a 1000 revolucións por segundo. estreneina. amaneceu á mesma hora -no por más revolución amanece más temprano. por isto, resulta insoportable que en canto á tele lle da por dicir que se vai facer de día unha hora antes, vaia o sol e se levante por adiantado.
todo isto para deixar claro cun exemplo estúpido como a televisión é creadora de realidade máis que narradora -a posteriori.
máis teño que dicir: o sol sae sempre cando lle peta porque ademáis: non ve a televisión. somos nós os que inventamos o reló, os que cambiamos o reló, os que adoramos pensar que o que sale na tele é verdade ata o punto de cambiar o reló e conclusionar que o sol saíu máis cedo.

23 de out. de 2009
matemáticamente
os nosos adolescentes comezan a fumar porros aos 14.5 anos, dí a estatística. isto implica que por cada vez que alguén fuma o seu primeiro porro despois dos 30, hay un anxiño no ceo fumando por primeira vez, moito antes saber que cando chegue á terra, estará prohibido.
estes mesmo número, por unha propiedade matemática recentemente estudiada por estudiosos moi estudiosos, pódese usar para outras estatísticas igualmente proveitosas.
por exemplo: os nosos adolescentes comezan traballar aos 14.5 anos, dí a estatística. isto implica que por cada vez que alguén comeza a traballar despois dos 30, hay un anxiño no ceo limpando os mexados de deus, moito antes saber que cando chegue á terra, terá que limpar os dos seus iguais.
a estatística continúa afirmando que o 2,7% dos adolescentes que proban os porros, corre o risco de engancharse. por outra propiedade matemática recentemente estudiada por eses mesmos estudiosos e inversamente proporcional á anterior, o 2,7% dos que comezan a traballar, corren o risco de non se enganchar.
a matemática, como se demostra, é unha ciencia inapelable.

9 de out. de 2009
pas ce zebra
un de cada tres mortos nas estradas de barcelona van a pe (dino os pas de zebra). dino non pra que non morras (ao cabo, morrer é un negocio, da postos de traballo) senón porque camiñando máis despacio podes disfrutar dos escaparates e se cadra, mercar (ao cabo, morrer has morrer antes ou despois así que mellor canto máis merques antes de facelo). a cousa é: como carallo ían os outros 2? borrachos? seguramente, máis iso tanto ten, porque beber é un negocio, un tan grande que lle da cartos a todos os bares de barcelona e á metade dos pakis que traballan para unha mafia de cervexa de lata recén sacada de non se sabe moi ben que refrixerador. ademáis dálle cartos á policía que de cando en cando fai o paseíño polo botellón e como non pode beber porque está de servicio decide foder (ai!) a uns cantos pedindo carnés d'identidat (pero non aos pakis -que seguramente nin o teñen- entre outras cousas porque os pakis e os polis son coma a auga e o aceite, non se dan xuntado nunca na mesma praza) senón á xente que bebe unha latiña de cervexa así, na rúa, mirando a lúa -porque estrelas non che hai, corazón, nas cidades smogizadas-, cousa que é tan perigosa que fai falla atracar a grillera e poñerse serios -que ben o fan, que ben o fan...
para o meu gusto, e porque estou en barcelona para disfrutar das súas expresións artísticas, sería moito máis interesante se en cada pas de zebra algún artista espremera os seus miolos pra deixar a súa pequena pegada nun lugar onde un público que non sabe que o é se para continuamente cada vez que está prohibido camiñar sen saber de certo onde hai que mirar.
mentres tanto, eu bailo.

4 de ago. de 2009
preto (i)
preto hai un bunker da 2a guerra mundial. c'ontanme esta historia> un dia ao ano a xente fai festa, al'i /non sei celebrando o qu'e, tanto ten. pos'ueme a curiosidade, digo> por que non me levades? atracamos, caminhamos no medio da selva, p'icame todo, hai m'ais xente, eles chegaron por un caminho sen espinhas> pagaron os seus cartos, non pagaron coa sua dor /para min esta ben , tam'en, pagar coa minha dor. os bunker son cadrados de cemento e herba no medio da selva. a selva 'e tan selva que a cinco metros deles non podes xa saber que hab'ia un bunker, al'i. se cadra nin sequera existen, son so alucinaci'ons da selva, alucinaci'ons do pasado que aparecen cando te achegas tanto 'a dor que non queda m'ais remedio que velos, al'o, inmenso e cadrados. a xente caminha curiosa cos meninhos e van todos cunha lanterna tan grande que por coll'ons llas tiveron que emprestar co ticket, e miran un e outro bunker e van por dentro e logo subense no 'ultimo que ten unha estrutura de madeira para ver o que v'ian os cabr'ons, unhas boas vistas das lagoas ou que sei o qu'e. a min o circo non me divirte. s'intome mal porque ca'in na trampa da curiosidade facendo fotos por se f'ora pouco fermosas /coma se se puidera glorificar ese esperpento, coma se as fotos serviran para algo m'ais que para chegar a terra con algo que contar. sufro que a pesares de todo, a pesares de que quero que desaparezan de verdade e non detr'as da selva, non podo non entender aos que van coa lanterna cando eu por un instante me colo detr'as deles para ver... coa s'ua luz.
Assinar:
Postagens (Atom)