31 de jan. de 2013
a pique.
hai que ser parvo pra roubar na propia empresa.
pra facela ben, un debe de coller a marxe de beneficios: tentar gañar o máximo consumindo o mínimo, pra poder así facer a piscina no chalet. se pides un crédito para a túa empresa, e cos cartos que pediches, fas a piscina directamente, a cousa non funciona. algún día estoupa todo.
eu xa levo un tempo pensando que isto que todos chaman crise non é máis que un sistema de reaxuste natural do desbaraxuste no que vivimos. como aquel que dixera que a sida apareceu no mundo porque comezabamos a fodernos demasiado os uns aos outros e había que parar o tema dalgunha maneira.
e pensei: cando non haxa nada que roubar ahí arriba, cando menos todos ises que fan a política pra meter man, terán que tentar sorte noutra historia.
porén, hainos parvos. a quen se lle ocorre coller o barco cando xa está a medio a pique, e por riba, entrar a martelazos, pra que entre máis auga?
pero por favor, non nos sorprendamos hoxe, que xa sabiamos todos que os reis eran os pais, e se hoxe estamos de berrinche, é nada máis porque nolo dixeron á cara, pero hai anos que levamos falando disto polos pasillos do colexio.
con que cartos habías de pagar tantos silencios como fan falta ahí arriba? a quen pedirllos cando a tua prima (e a nosa!), xa non nos avala: cando xa nin cofidis se fía de nós.
eu non entendo nada de política. absolutamente nada. é dificil, entender.
por se fóra pouco, tampouco entendo nada de manifas, dende que un día, hai xa máis de dez anos, corrín aquela puta maratón do carallo diante dunha masa imunda de poliziotti.
a min, non me gusta correr.
gústame ir ao meu aire. e mirar o mar.
7 de jan. de 2013
flotando na dúbida total
xa non merco o xornal. ademáis non vexo a tele. e a realidade, o real, o que existe no mundo, aparéceseme ou no facebook, ou por casualidade. cando vexo unha nova que me atrae colgada no muro do face, o primeiro é preguntarme se o que leo é de verdade ou non, se os datos serán de certeiros ou inventados por alguén, se se trata dun xornal deses quen din parvadas ou se é outro deses xornais que en reliadade non din máis que parvadas.
a diferencia entre ambos tipos de xornalismo, é de xénero. uns tentan facernos rir (comedia, farsa, etc) e os outros adícanse a facernos chorar (drama, traxedia, etc). son dúas estratexias de venda, supoño. hai que ter en conta que o obxectivo dun xornal, de calquera xornal -como empresa-, é vender.
o que pasa é que eu cando leo algo sobre o mundo teño o obxectivo de observar a realidade: non quero nin rir nin chorar, quero enterarme das cousas.
porén, abro o face. pico aquí e alá. acabo rindo ou chorando, aburrida ou entretida pero iso si, sen saber nada de nada, flotando na dúbida total.
30 de out. de 2012
piña
tampouco todos os días habían de ser bos
recoller non é máis que un modo
de mover
de remover
de xirar
de cambiar nada máis que de lugar
todo fica alí
levareino todo comigo á miña nova vida
hoxe,
sintome sobrar.
non sobrar no mundo
no mundo non.
aqui donde estou
incluso na miña habitacion, estorbo
por que carallo hai unha muller escribindo no ordenador mentres
mantas, batas, disfraces, zapatos,
faldas de verán e de inverno,
perchas, cremas, estolas, camisas,
un timbre do teatro,
corda de saltar,
cd's e dvd,s
libros
maqillaxe
(etcétera)
asolan unha habitacion que está tranquila pero imcomprensible
-como a dona-
tes que cambiar
si xa
tenta comerte esa piña
4 de ago. de 2012
nom sei
nom sei o que
é
A NATUREZA
nin onde
están
OS LÍMITES
onde remata a natureza
e comeza o que nom é
A NATUREZA
o que saiba a resposta
que tire a primeira pedra
A PRIMEIRA PEDRA
A PEDRA PRIMIXENIA
querer sabelo todo
é so unha maneira de morrer
querer sabelo todo
é
A NATUREZA
nin onde
están
OS LÍMITES
onde remata a natureza
e comeza o que nom é
A NATUREZA
o que saiba a resposta
que tire a primeira pedra
A PRIMEIRA PEDRA
A PEDRA PRIMIXENIA
querer sabelo todo
é so unha maneira de morrer
querer sabelo todo
7 de jul. de 2012
rebaixas
somos modernos, postmodernos, contemporáneos. somos a cachos. nada nos importa e se nos importa facemos coma que non importa. calamos. non dicimos ren. poñemos o sorriso de reposto, o cinismo de reposto, outro anaco máis, etc. todo vale, todo tanto ten. ademáis somos libres, fortemente libres e independentes, libres de facer e desfacer, de foder e re-foder. de que nos fodan e nos re-fodan. todo e posible e todo é, de feito.
logo chega a dor. a dor e libre, tamén. o que pasa e que é pouco moderna e para nada postmoderna. sen embargo, é contemporánea. contemporánea ou atemporal, coma os básicos do zara: non entra nas rebaixas.
27 de mai. de 2012
amor
o amor non debe de ser algo tan importante cando o pode facer todo o mundo. díxomo un camareiro de boiro. eu tiña 17 e el 50, 60. a min pareceume que aquel señor que cada sábado nos axudaba a emborracharnos era a persoa máis sabia do mundo. sen embargo adoptei esa frase -que ben podía ser del, como filósofo-, coma se fora tirada fóra da sabedoría popular, ata hoxe.(pausa). por que as cousas que pode fecer todo o mundo non son importantes é o que me pregunto agora.
27 de abr. de 2012
addio
o facebook aparece vestido de caravel vermello e soa unha mesma canción piques onde piques. a atracción desa idea é inmensa. unha metáfora tan forte que non parece real, inda que o fora. eu non estiven alí. eu nom sei. eu non sei se podo crer que unha mao sacara da chisteira o caravel que etc.
en todo caso, a idea e poderosa.
todos queremos ser a mao que etc.
pero iso é toda unha vida.
non é chegar e pum.
non temos a valentia nin a coraxe (chamámoslle tempo, de cotío, e outras cousas que agochan outras). non temos. non nos gusta tanto o risco como gañar.
e se cae a monarquía -que non vai caír- só me vai foder unha cousa: que se vaia ela: non tela feito marchar.
Assinar:
Postagens (Atom)