13 de set. de 2011

oxalá

-ola! que tal todo?
-mal
-e logo?
-coido que de estar ben non estaría a ter esta conversa imaxinaria, contigo
-xa

silencio. pausa

-i entón... que facemos? se queres marcho...
-oxalá

2 de set. de 2011

a miña beleza

my beautiful (john berger)
there is no place for sexiness here, the location doesn't alow it. it is a place where'sa lot of desire -and many desires- but sexiness is elsewhere.
beauty here is not what you enjoy looking at but what you want to be looked at by! beauty is the hope of been recognised by, and included within, the existence of what you're looking at.

a miña beleza (sther)
non hai lugar para o sexo, aqui. o sitio... este é un lugar onde hai muito desexo -muitos desexos- mais o sexo está de máis.
a beleza aquí non é divertirte porque liches algo, senón que as letras che miren! a beleza é a esperanza de ser recoñecido, e incluído, na esistencia do que estás a ler.

30 de ago. de 2011

mérida

déronlle cun pinceliño a unhas pedras que atoparon e saíulles un teatro... e un anfiteatro! as investigacions postulan unha cheia de cousas, por exemplo que se deixaron de usar cando se instaurou o cristianismo e que os antigos devecían por unha cheia de deuses. Unha delas, deusa da vinganza, mesmo tiña o seu oquiño alí entre as pedras: Némesis.

(2000 anos dispois)

déronlle cun pinceliño a unhs feraganchos que atoparon e saíulles unha gasolineira... e un aeroporto! as investigacions postulan unha cheia de cousas, por exemplo que se deixaron de usar cando se instaurou o teletransporte e que os antigos devecían por unha cheia de deuses. Un deles, deus do voo por antonomasia, tiña mesmo o seu oquiño alí entre os ferraganchos: Ryanair.

30 de jun. de 2011

medo

o consumismo, a globalización, o capitalismo (o capital?), a televisión (os mass-media), a compra-venda, a bolsa (da compra?), o mercado (de abastos?)

contra todo isto (así, en massa, sen entrar en localismos) teño certas opinións que varían de grao en función de variables como o nivel de hormonas, a fase menstrual, a estación do ano, o sono, o nivel de sexo practicado, o nivel de humidade no ambiente, o tempo que fai que non vexo o mar

en todo caso (a pesar de) fan-me desejar

23 de jun. de 2011

xenealoxía (apuntamentos, ideias)

un) conversión do que era meramente piramidal, xerárquico -preconcebido incluso- nunha especie de masa desconxelada e desleixada de familiares que nin o son, que son amigos e examigos e amantes e examantes -e outros varios- que son máis familia que a familia pero menos familia que a familia; unha nova xenealoxía que no canto de se escribir en dixital se escribe cun lápiz de merda que ten por detrás unha desas gomas de merda que non é quen de borrar de todo nada.

dous) a familia sempre medra.
antes con cada vez máis fillos e máis netos.
agora con cada vez máis pais e máis avós.

22 de jun. de 2011

país

(conto para ler moi baixiño)

hai un anxo diante que che invita
seino porque o lin nun conto moi pequeniño
tan pequeno que non di nada sobre como é un paraíso
moito menos como é cando está en ruínas

é posible que o anxo non diga nunca que está en ruínas
que che invite ao paraíso e ti tragues co conto
quen di que os anxos din toda a verdade?

se as ruínas son un erre, un a e un o
-p-a-r-a-í-s-o- queda en -p-a- - -í-s- -

iso é o que máis medo me da
que calquera país sexa un paraíso en ruínas

(fragmento de "subir o telón". 2006)

30 de mai. de 2011

cabaré

andaba a perseguir un ombeligo
brilante
esperpéntico
fermoso
a toda luz
a toda cor

deixei de lado todo o importate
todo o que fai que as cousas vaian ben
que a vida vibre
perseguindo unha cenoura con luces de cabaré
unha trampa de cenoura de merda verdadeiramente atraínte

caín da burra

erguinme

de novo subida na burra
-porque a burra son eu
e somos unha soa ela i eu-

diante dos ollos, luces de cabaré

destartaladas