11 de jan. de 2011

As cidades e eu.

Kublai: Vimos de demostrar que de existir, non estaríamos aquí.
Polo: E aquí estamos.
Italo calvino. 'As cidades invisibles'

O Grande Kan hamácase paseniño. Tamén ela vai adiante e atrás nos seus pensamentos, hamacándose. Pasa unha eternidade. Logo Kublai Kan pregunta onde é que estivo nesta útima viaxe, que é o que viu.
-A min mesma.
O Kan deixa de abanearse. Ela calada, mirando nel. Pausa, silencio -outra eternidade-, ela que comeza xa a abanear nos seus pensamentos adiante e atrás.
-E entón, para que viaxas.
-Para coñecerme. O mundo é o meu espello.

1 de jan. de 2011

escapo (d min mesma)

sei

q cando chegue

vou star agardándome (inutilmente?)

[o resto do texto foi suprimido por irrelevante]

28 de dez. de 2010

4.48 psicose

Ise texto pretendidamente desconexo é unha mentira: o texto veu creado dende o intelecto e eu resístome a querer ver nel a voz dunha muller fóra de si, porque está escrito dende a consciencia dunha creadora de letras, boa, moi boa, moi moi boa, consciente e dentro da forma -moi dentro da forma. Namentres, o meu corpo foise afacendo ás súas frases, ou elas foron entrando nel, vai ti saber. Cando se apagou a luz de sala daquela particular escena con 3 públicos, o texto fluía -o intelecto amordazado polo escuro. Cando as luces se acenderon, alguén preguntou que tipo de problema tiña eu con aquel texto co que o meu corpo non tiña problema algún. Os problemas eran do meu intelecto, non do meu corpo. O meu intelecto que ten que asumir que en kane -como en calquera escritor de teatro, por outra banda-, a creatividade da autora está separada -e detrás- da mente(inexistente) do personaxe. O autor crea o personaxe -de xeito consciente, claro. Atranqueime en ver poesía en primeira persoa; sen embargo Sarah atopou esa maneira de escribir para o teatro o discurso do seu personaxe. Ela que sabía tanto máis de teatro do que eu se cadra non vou saber xamais.


Moralexa: o traballo do corpo axuda á flexibilidade mental (yoshi oida).

21 de dez. de 2010

impulso

ata rapei a cachola. é un modo de falar, quiteille o taco alto, uns 14 cm. achégase o nadal. non hai nada que facer. xa vai a ser mañá, ou pasado mañá, ou o outro, máis vai a ser, non cabe a menor dúbida. e eu con estes pelos. levo días enteiros cocendo letras, a cabeza que arde, que vota fume, que non pode máis. dádeme o que queirades, dádeme un punto de apoio ou o que carallo queirades, máis non máis letras, que teño overdose, e unha fila india todavía agardando no desván das cousas por facer. e eu con estes ollos vermellos, adoloridos, e que se lle vai facer. sther non chores máis, para o que che vai servir. levantarse de resaca: porque a resaca non é máis que unha deshidratación e eu deshidrateime onte á noite para levantarme con esta resaca, e unha menstruación de-sangrante -por se fora pouco. por se fora pouco non: por iso bagoabas onte á noite, por iste estado hormonal. a vida é soportable se o nivel de hormonas é o suficiente, máis se baixa de ahí: infección mental: as cousas (a realidade, de preferir esta expresión que dende hai uns meses relaciono con un aparello que veu de serie no meu novo piso: a arradio) son as mesmas hoxe e onte: son igual de merdentas, as cousas, só que o resto dos días, estou adrogada.

24 de out. de 2010

deconstruíndo a artaud

letras sachadas de o teatro e o seu dobre
os números indican a paxinación segundo a edición de pocket edhasa. a tradución… é o que hai. os textos están sacados de con-texto.


30 o teatro é […] contaxioso 104 un medio de auténtica ilusión 105 isa linguaxe espida do teatro 55 permite obter realmente ouro 81 expresar obxectivamente certas verdades secretas 84 perturbar e encantar e excitar continuamente 96 darnos todo canto poida atoparse no amor 56 é un espellismo 71 un estado anterior á linguaxe 74 que apenas nos separa do caos 93 lonxe de copiar a vida 31 unha verdadeira peza de teatro perturba

45 as ideias claras son ideias acabadas e mortas 112 é preciso ante todo que […] exista 115 o dereito de rachar co sentido usual da linguaxe 124 descubrir ainda a gramática 125 da NECESIDADE da lingaxe máis que da linguaxe 126 esa especie de palpitación emocional sen a cal a arte é gratuíta 158 un exercicio de liberdade intelectual 160 unha forza secreta que gaña ao público, como un grande amor

94 hai un risco 91 non somos libres
94 coido que val a pena aventurarse

3 de out. de 2010

avión-aeroporto-avión.

friaxe. stockholm que non se espera que lle roubes. primeira ópera da miña vida -boring. upssala fermosísima regalando gana de. arte=pensamento. ballet -mmmmm. arte=xogo. stockholm by bike. museo-karaoke; en clave de abba. arte/moderno -andy e miró e dalí e picasso e man ray e kamdinsky e viola e lang e klein e cartierbresson e matisse e leavergine a rezar "at the basis of boby art [...] one can discover the unsatisfied need for a love that extends itself without limit in time-the need to be loved for what one one is and for what one want to be-the need for a kinf of love that confers unlimited rights-the need for what is called primary love". stockholm by bike, again and again -like a child. arquipélago: in-men-so. grinda, a verde, a auga, e a verba förbjuden e matinar que se a import-áron será porque antes non prohibían rien de rien. ópera -again, bella, bellissima, la donna é mobile. stocoholm e roubar como traizón-como feito que provoca a perda da confianza e o roubo que deixa de importarme para importar-me esa confianza. embaixada -boring.
avión-aeroporto-avión