1 de jan. de 2011
28 de dez. de 2010
4.48 psicose
Ise texto pretendidamente desconexo é unha mentira: o texto veu creado dende o intelecto e eu resístome a querer ver nel a voz dunha muller fóra de si, porque está escrito dende a consciencia dunha creadora de letras, boa, moi boa, moi moi boa, consciente e dentro da forma -moi dentro da forma. Namentres, o meu corpo foise afacendo ás súas frases, ou elas foron entrando nel, vai ti saber. Cando se apagou a luz de sala daquela particular escena con 3 públicos, o texto fluía -o intelecto amordazado polo escuro. Cando as luces se acenderon, alguén preguntou que tipo de problema tiña eu con aquel texto co que o meu corpo non tiña problema algún. Os problemas eran do meu intelecto, non do meu corpo. O meu intelecto que ten que asumir que en kane -como en calquera escritor de teatro, por outra banda-, a creatividade da autora está separada -e detrás- da mente(inexistente) do personaxe. O autor crea o personaxe -de xeito consciente, claro. Atranqueime en ver poesía en primeira persoa; sen embargo Sarah atopou esa maneira de escribir para o teatro o discurso do seu personaxe. Ela que sabía tanto máis de teatro do que eu se cadra non vou saber xamais.
Moralexa: o traballo do corpo axuda á flexibilidade mental (yoshi oida).
21 de dez. de 2010
impulso
24 de out. de 2010
deconstruíndo a artaud
os números indican a paxinación segundo a edición de pocket edhasa. a tradución… é o que hai. os textos están sacados de con-texto.
30 o teatro é […] contaxioso 104 un medio de auténtica ilusión 105 isa linguaxe espida do teatro 55 permite obter realmente ouro 81 expresar obxectivamente certas verdades secretas 84 perturbar e encantar e excitar continuamente 96 darnos todo canto poida atoparse no amor 56 é un espellismo 71 un estado anterior á linguaxe 74 que apenas nos separa do caos 93 lonxe de copiar a vida 31 unha verdadeira peza de teatro perturba
45 as ideias claras son ideias acabadas e mortas 112 é preciso ante todo que […] exista 115 o dereito de rachar co sentido usual da linguaxe 124 descubrir ainda a gramática 125 da NECESIDADE da lingaxe máis que da linguaxe 126 esa especie de palpitación emocional sen a cal a arte é gratuíta 158 un exercicio de liberdade intelectual 160 unha forza secreta que gaña ao público, como un grande amor
94 hai un risco 91 non somos libres
94 coido que val a pena aventurarse
3 de out. de 2010
avión-aeroporto-avión.
avión-aeroporto-avión
1 de ago. de 2010
Menos
Continuaba soa. Esa dor índa doía. Menos.